1. Como engado un enderezo de envío?
Para que poidamos levarte o teu pedido tes que facilitarnos polo menos un enderezo. Pero, ademais deste, poderás engadir á túa conta ata 3 enderezos de entrega e elixir en cada compra onde queres que sirvamos o pedido.
Todo o relacionado cos teus enderezos poderás atopalo no apartado “os meus datos” da túa conta. O enderezo que pos cando fas o teu rexistro queda gardado como principal e se desexas engadir un novo só tes que completar as casas correspondentes. Como verás, podes mesmo engadir comentarios de localización se consideras complicado o acceso á túa casa. Isto serviralle de axuda ao repartidor e ademais, asegurámonos de que recibes o teu pedido a tempo.
2. Como recupero o meu contrasinal?
Se non lembras o teu contrasinal, no mesmo apartado onde tes que introducilo, atoparás unha ligazón de “esqueciches o teu contrasinal?” Ao facer clic aí pedirémosche que nos indiques o teu enderezo de correo electrónico e enviarémosche o teu contrasinal. Por seguridade, enviarémosche un novo que poderás cambiar cando desexes.
Lembra que podes modificar o teu contrasinal sempre que queiras no apartado “os meus datos”.
3. Podo cambiar o meu enderezo de e-mail?
Podes modificar o teu e-mail sempre que queiras. Só tes que entrar no apartado “os meus datos” onde atoparás toda a información que nos facilitaches no rexistro e cambiar alí o que queiras.
4. Como me subscribo na newsletter?
Non te perdas a nosa newsletter para estar á última de todo o que che interesa sobre EROSKI online.
Contámosche os produtos de tempada, ensinámosche novas ideas para que prepares unhas receitas deliciosas e serás o primeiro en coñecer as nosas promocións, descontos exclusivos, sorpresas...
Para subscribirte tes dúas opcións: sinalando a opción de subscribirte á newsletter que aparece no formulario que completas ao rexistrarte ou, se xa estás rexistrado, no apartado “os meus datos” dentro de “o meu EROSKI”.
Se por algunha razón queres darte de baixa, só tes que desmarcar a casa activada en “os meus datos” dentro de “o meu EROSKI” e deixarás de recibila.
5. Podo pedir a factura electrónica?
Ao entregarche o pedido tamén se che entrega o albará cos datos do pedido, se precisas factura para declarar o IVE como autónomo ou empresa, ao realizar o pedido na pantalla de confirmación do mesmo preguntarache se queres factura e enviaráseche como adxunto unha factura co IVE desagregado.
6. Que vantaxes obteño por empregar a miña tarxeta EROSKI club?
Ao igual que nos nosos establecementos físicos, en EROSKI online podes empregar a túa tarxeta EROSKI club para acumular diñeiro derivado das ofertas para o socio e puntos travel club. Ambos os dous saldos pódelos cambiar na compra online. Os puntos, mesmo pódelos cambiar polas viaxes e agasallos dispoñibles no catálogo travel club. Sabías que por cada 10 € de compra acumulas 4 puntos*?
É suficiente con que introduzas os datos da túa tarxeta EROSKI club no formulario de rexistro a primeira vez e/ou no apartado de “os meus datos”. Irás acumulando os saldos en todas as túas compras.
Os puntos conseguidos coas túas compras en EROSKI online asígnanse á túa conta EROSKI club aproximadamente unha semana despois da compra. Se se trata dunha promoción, os puntos asignaranse unha vez finalizado o período de vixencia da mesma.
Outra das vantaxes de asociar a túa tarxeta EROSKI club ao teu usuario de compra online, é que no apartado “os meus favoritos” aparecerán todos os produtos que compraches en EROSKI durante os 3 últimos meses.
Se aínda non tes tarxeta EROSKI club, pídea gratis aquí.
*límite de 5.000 puntos por compra semanal e establecemento.